Charo Portela Yáñez (Pontevedra, 1963) é licenciada en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi subdirectora de Ediciós do Castro e coordinou as actividades culturais do Instituto Galego de Información até o ano 2008. Entre as súas publicacións cabe salientar Epistolario de Valentín Paz Andrade, en colaboración con Isaac Díaz Pardo (Ediciós do Castro, 1997), Valentín Paz Andrade. Biografía (Ir Indo, 1998), Epistolario de Carmen Muñoz Manzano, en colaboración con Xosé Luís Axeitos (Biblioteca del Exilio, Ediciós do Castro, 2005), e Luís Seoane e a Galicia medieval (Universidade de Santiago, 2010). En Xerais publica en 2012 Valentín Paz Andrade. Biografía e antoloxía (col. Merlín) e Valentín Paz Andrade. Vida e obra. Forma parte do comité editorial da Biblioteca del Exilio, e da directiva da Fundación Premios da Crítica Galicia.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.