Domingo Blanco Pérez (Cariño, 1947) é catedrático de Lingua e Literatura españolas dende 1974. Durante seis anos (1979-85) foi profesor de español en Zürich, onde, en contacto cos fondos das bibliotecas daquela cidade e coas actividades do Departamento de Literatura popular europea da Facultade de Letras, se asentaron os alicerces de “A poesía popular en Galicía´´ (Xerais, 1992).
Doutor en Filoloxía pola Universidade de Santiago, ten publicados diversos traballos sobre este mesmo tema nas revistas Grial, Verba e Boletín Galego de Literatura, e en varias publicacións colectivas. En 1990 recibiu o Premio á Investigación da Deputación de Pontevedra polo seu traballo “Xosé Casal Lois e a súa aportación á literatura popular galega”.
Na actualidade imparte docencia no Instituto República do Uruguai de Vigo.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.