Laura Suárez (Dumbría, 1994) medrou entre os cómics e libros ilustrados que lle regalaban os seus pais, de aí a súa paixón pola literatura e o debuxo. É graduada en Belas Artes pola Universidade Politécnica de Valencia e cursou o Máster de Ilustración e Cómic da escola Elisava de Barcelona. A súas ilustracións foron publicadas en medios divulgativos como Time Out ou 180 hilos, e educativos, como a revista Cocoter. Actualmente traballa como ilustradora literaria para diversas editoriais. En Xerais, é a autora das ilustracións dos libros «Conexión Macarrón» (2019), «Unha veciña de película» (2023) e «Luísa Villalta. Alma de violino» (Xerais, 2023).
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.