Luís Lamela García é un dos pioneiros na restauración histórica da memoria do franquismo e do antifranquismo en Galiza desde unha actividade investigadora que comezou no ano 1987. Colabora en periódicos e revistas especializadas como La Voz de Galicia ou El Ideal Gallego, Unión Libre ou Anuario Brigantino, participando tamén en charlas, congresos, seminarios ou mesas redondas sobre a temática da represión franquista e da guerrilla antifranquista en Galicia. Tamén e Asesor do Proxecto Inter-universitario “As vítimas, os nomes, as voces e os lugares”; e foi ademáis membro da Comisión Municipal de Aplicación da Memória Histórica, asesora da Comisión de Honores e Distincións do Concello da Coruña, para a retirada da simboloxía franquista na cidade. No ano 2006 foille otorgado o prestixioso galardón Faro Nerio na súa comarca de orixe, a Costa da Morte, pola súa actividade de recuperación da Memoria Histórica daquela zona e Premio de Honra en 2011 de Radio Nordés-Cadena Ser, tamén pola súa actividade na recuperación da Memoria Histórica. Ten publicados, entre outros, os seguintes libros en Ediciós do Castro: Pepe Miñones: un crímen en la leyenda (1900-1936) (1991); Foucellas. El riguroso relato de una lucha antifranquista (1936-1952) (1992); Inmolados Gallegos. Alexandro Bóveda, Víctor Casas, Telmo Bernárdez, Adrio Barreiro…(1.993); Crónica de una represión en la ‘Costa da Morte’ (1995); Estampas de injusticia. La guerra civil del 36 en A Coruña y los documentos originados en la represión (1998); 1936, la ‘Cruzada’ en Compostela. La guerra civil y la represión franquista en los documentos policiales y militares (2005). Ten publicado, ademais, A represión da Masonería viguesa. Asasinados, encarcerados, extorsionados, depurados, exiliados, inhabilitados…, (2008) e a novela Escapado. Do Monte Pindo ao exilio pasando pola illa de San Simón (Xerais 2009).
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.