Xulia Pisón cursou estudos superiores de Ilustración na EASD Pablo Picasso da Coruña. Actualmente desenvolve o seu traballo nos campos da banda deseñada, a ilustración e o humor gráfico. Colabora con publicacións periódicas como a revista «Luzes», así como con diversas entidades públicas e selos editoriais. Combina todo isto cos seus propios proxectos creativos, polos cales recibiu diversos premios. En Xerais é autora das ilustracións do libro de divulgación científica «Unha mente que voa» (Xerais, 2020) e da novela infantil «Catro plumas de dinosauro» (Xerais, 2022).
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.