Loading...
Libro para encerado dixital interactivo As Galicias do Norte aproveita o potencial didáctico que ofrecen as afinidades etnoculturais existentes entre Galicia, Irlanda, Escocia, Gales, a Illa de Man, Cornualles e Inglaterra para conseguir unha aprendizaxe significativa das linguas inglesa e galega, así como das ricas culturas destes territorios. Destinada basicamente á educación secundaria obrigatoria, a obra completa está composta por tres libros que achegan diferentes temáticas e por un caderno de actividades: As Galicias do Norte 1 (dixital): xeografía, arqueoloxía e historia As Galicias do Norte 2 (dixital): relixión, lendas e tradicións As Galicias do Norte 3 (dixital): linguas e literaturas, música e gastronomía Caderno de actividades (impreso): con material fotocopiable para traballar na aula Para acceder de forma gratuíta aos contidos deste libro póñase en contacto con nós a través do correo electrónico -- xerais@xerais.es -- indicando o seu nome e apelidos. Se é vostede docente, pregámoslle que nos indique tamén o centro educativo en que imparte clases.
Otros formatos disponibles
Loading...

SOBRE EL AUTOR

TAMBIÉN TE PUEDE INTERESAR