Estudia Filosofía e Pedagoxía na Universidade de Santiago de Compostela, doutórase en 1997 coa tese "A educación afectivo-sexual na adolescencia. Epistemoloxía e didáctica dunha proposta".
Obtivo o premio Nacional Educación y Sociedad a materiais didácticos de innovación educativa do MEC polos libros "O animal Humano" e "Eros: Materiais para pensar o amor" en 1995.
Traballos e cargos
Foi presidenta da O.N.G. de Dereitos Sexuais Federación de Planificación Familiar de España dende Xaneiro de 1998 ata 2003, actualmente leva a representación internacional.
É Catedrática de Filosofía no Instituto Alexandre Bóveda de Vigo.
Forma parte do grupo Enxergo de Didáctica da Filosofía.
É profesora no Diploma Superior de Salud Sexual y Reproductiva de la Escuela Nacional de Sanidad en Madrid e en Extremadura, no Máster de Xénero e Políticas de Igualdade da Universidade de Vigo, no Máster de Xénero da Universidade de A Coruña e na Cátedra de Xénero Leonor de Guzmán na Universidade de Córdoba.
Colabora habitualmente cos Centros de Formación del Profesorado impartindo cursos de filosofía, didáctica, coeducación, sexualidade, multiculturalidade, prevención da violencia, bullying, etc.
Participa no deseño e imparte talleres nas Xornadas das Mulleres Veciñais de Vigo dende as primeiras edicións hai 15 anos
Colaborou co M.E.C. na elaboración das "Cajas Rojas" para o deseño das asignaturas de Filosofía no bacharelato.
Redactou o "II Plano Municipal para a Igualdade de Oportunidades e de Trato das Mulleres de Vigo".
Invitada pola IPPF (International Planned Parenthood Federation) a participar como representante voluntaria do Estado Español en temas de Dereitos Sexuais na IPPF European Network Regional Council Meeting celabradas en Luxemburgo, Roma, Oslo, Tallin, Praga, Dublín, etc.