Libro dixital para o Encerado Dixital Interactivo
Libro dixital para o Encerado Dixital Interactivo
Mestra desde 1987 en centros públicos da Pobra do Caramiñal (Pilar Maestu Sierra, Cadreche), Ferrol (Ferrol Vello e Manuel Masdías), Fisterra (Mar de Fóra), O Barqueiro (Francisco López Estrada) e actualmente en Ferrol (Pazos), onde é Responsable da Biblioteca Escolar (Biblioteca Xoán Farias) dende 2004.
Forma parte do movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega e de AGABEL (Asociación Galega polas Bibliotecas Escolares e a Lectura). É coautora d'Os Libros de Merlín: Lecturas de 3º a 6º de Educación Primaria, editados por Edicións Xerais.
Mestre dende dende 1986, coas especialidades de Ed. Infantil e Primaria. Exerceu ata 2007 como mestre de Educación Infantil e ata a actualidade como mestre de Educación Primaria. Foi Xefe de estudos do CEIP Manuel Masdías, de Caranza - Ferrol, desde 1994 ata 2010 e actualmente é director deste centro público.
Forma parte do movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega e é coautor d'Os Libros de Merlín: lecturas de 3º a 6º de Educación Primaria, editados por Edicións Xerais.
Exerceu como mestra de Educación Primaria en colexios de Fene, A Coruña, Terrassa e Ferrol (Catabois, Punta Arnela, A Laxe-Valón e Manuel Masdías). Actualmente está xubilada.
Formou parte da fundación do grupo Avantar e na do movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega -á que segue pertencendo na actualidade- e é coautora de diferentes materiais relacionados coa lingua galega ou coa súa didáctica no ensino: as series O Noso Galego, Canles, Os libros de Merlín... editados por Edicións Xerais.
Exerceu como mestre de Educación Primaria en colexios de Ferrol, A Coruña, Terrassa e novamente Ferrol. Foi director dos colexios de Punta Arnela, A Laxe-Valón e Manuel Masdías. Actualmente está xubilado.
Membro fundador do grupo Avantar e de Nova Escola Galega, da que pertenceu ao seu secretariado nacional moitos anos, foi presidente no período 2004-08 e actualmente vicepresidente. Coautor e/ou coordinador dos dous modelos de normalización lingüística para o ensino publicados por NEG e membro da Coordinadora e da Mesa estatal de Movementos de Renovación Pedagóxica.
Coordinador e/ou coautor de diferentes materiais relacionados coa lingua galega, coas ciencias sociais e naturais ou coa súa didáctica no ensino: Dicionario Xerais da Lingua; as series O Noso Galego, Canles, Ámote, mundo!, Nobelos de papel, Labia, Lingua, Os libros de Merlín, Colección Merlín de literatura infantil... editados por Edicións Xerais.