Este libro retrata a Manuel María, o home que aspiraba a coñecer a todos os galegos, un a un. Trátase dun relato engaiolante da súa vida cotiá, acompañado sempre da súa dona, Saleta Goi, mais tamén é un fermoso percorrido polas súas actividades como procurador, libreiro, editor, xornalista… Camiñante polos vieiros da terra e autor teatral, Manuel María (o primeiro mozo que publicou unha obra en galego despois da Guerra Civil) foi, sobre todo, un poeta que saloucaba cando vía unha estrela. O volume complétase cunha cronoloxía da vida e obra, ademais dunha antoloxía de poemas, «Ferrados de corazón», do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2016.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.