Pode unha pega con malas intencións facerse amiga dunha apetitosa miñoca? Unha nova aventura de Miñoca que demostra, unha vez máis, que as diferenzas poden superarse, sobre todo se hai boa predisposición... e comida polo medio.
Pode unha pega con malas intencións facerse amiga dunha apetitosa miñoca? Unha nova aventura de Miñoca que demostra, unha vez máis, que as diferenzas poden superarse, sobre todo se hai boa predisposición… e comida polo medio.
Traballou como ilustrador para editoriais, cine, prensa, televisión e publicidade e deu
clases de ilustración e deseño nunha escola de moda. Na actualidade dedícase ao mundo da edición, tarefa que compaxina co traballo no seu estudio. Entre os títulos que ilustrou están "Etiqueta para todos" (Xerais, 2009), "Estamos no verán" (2014), "Teatro de guiñol" (2016), "Cociñando con Bolboretas no bandullo" (Xerais, 2018), "A araña que lles tiña medo ás arañas" (Xerais, 2019), "Meigas fóra!" (Xerais, 2020), "Soños de Cajamarca" (2021), "Darío a diario" (Xerais, 2021), "O neno de lume" (Xerais, 2022), "Violeta Parapluie e outras historias de xente pouco corrente" (2022), "Gloria" (2023) e a serie de banda deseñada "Miñoca" (Xerais, 2021/2022/2023). En 2022 escribiu e debuxou "Os Winkle. Máis finos ca un allo".
Licenciado en Filoloxía Hispánica, traballa no eido da edición. Ten publicados os seguintes títulos para o público infantil: "Violeta quere ser vampiro. Un Conto do Samaín" (Xerais, 2017), "É tempo de Entroido!" (Xerais, 2018), "A araña que lles tiña medo ás arañas" (Xerais, 2019), "Meigas fóra!" (Xerais, 2020), "Non pare a festa" (Xerais, 2021), "De festa en festa" (2022) e "Gloria" (2023). Tamén é autor da serie de banda deseñada "Miñoca" (Xerais, 2021/2022/2023) e colaborou no volume colectivo "Era unha vez" (2022) coa adaptación do conto de Óscar Wilde "O xigante egoísta".
En 2021 gañou o Premio Arume de Poesía para a Infancia con "Violeta Parapluie e outras historias de xente pouco corrente" (2022), e en 2022, o XV Premio El Príncipe Preguntón de Poesía para Niños con "O delirante restaurante de Héitor Mórtimer e a súa clientela aberrante".
Publicou os contos en liña "#EuQuedoNaCasa" (2020), sobre o confinamento provocado pola covid-19, e "Bombas de chocolate" (2022), sobre a guerra de Ucraína.
Para o público adulto publicou "Zoom" (Xerais, 2022).
Na actualidade coordina a conta de Instagram @podiachovermerda, onde todos os textos son da súa autoría.