Bautista 脕lvarez, membro da xeraci贸n Brais Pinto e veterano pol铆tico nacionalista, recolle neste seu primeiro libro de narrativa, que confesa “anda cerca das memorias”, un monllo de relatos ambientados nos anos da s煤a infancia nas terras natais de Las, Eiras e Louc铆a, no concello ourens谩n de San Amaro. Acontecementos relevantes daquela comunidade alde谩 dos anos trinta e corenta recuperados do esquecemento con memoria fotogr谩fica e relatados con pulsi贸n inequivocamente literaria, non exenta de retranca, intriga e doses de tenrura.
O cad谩ver dun mozo acoitelado, atopado na Telleira, xusto no lindeiro que separa a parroquia de Eiras da de Las, do que nunca se soubo a s煤a identidade. A procesi贸n do santo Antonio de Las que tras os primeiros foguetes rematou en delirio colectivo e con san Roque feito un espantallo. Os amores do cabalo Mourego e a mula do Hixinio, que chegaron a compartir a morte. As lembranzas da escola de Andrade, de mestres de Falange como don Gabino, na que a mellor disciplina era o recreo e na que todos os d铆as antes de sa铆r pola tarde os alumnos ti帽an que cantar o Cara al sol e o Oriamendi. A historia de Severo, o frustrado estudante de medicina polo que degoiraban as mulleres. Ou aqueloutra tan noxenta de Gaudesio, o carniceiro de Figueroa, o vingador de roxos, responsable de tantas mortes e outras atrocidades…
Escritos con vontade literaria, utilizando unha lingua de ra铆z popular, estes retratos e relatos populares de Bautista 脕lvarez emparentan con p谩xinas de 脕nxel Fole, Castelao e outros autores da tradici贸n do mellor relato galego do s茅culo XX.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La informaci贸n de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qu茅 secciones de la web encuentras m谩s interesantes y 煤tiles.