JAIME ASENSI (Vilagarcía de Arousa, 1957). Traballa dende os anos 80 en ilustración, deseño gráfico e banda deseñada. No eido do deseño gráfico e maquetación traballa dende os años 80 en axencias de publicidade e estudios de deseño en Madrid, A Coruña e Santiago de Compostela, actualmente como deseñador e ilustrador Freelance para a Xunta de Galicia, editoriais e axencias de publicidade como deseñador, ilustrador e realizando maquetas de publicacións. En 1980 ilustra o poemario de Álvaro Gómez ``Omnameya´´, en 1998 ilustra o libro ``Dous máis dous´´ de Carlos G. Reigosa, en 2003 ilustra o poemario de Álvaro Gómez ``La noche azul´´. Ilustrou os contos ``Vanesa non quere ser princesa´´ de Xosé Antonio Perozo (2004), ``Tom e Mix, os cabalos de Clara´´, de Francisco López-Barxas (2009), no 2009 ilustra o poemario ``Monadas´´, de Luce Moreau-Arrabal. Colabora co Consorcio de Santiago ilustrando os libros da colección "Historias de Santiago", coa revista Galegos de Ézaro Ediciones, na sección "Persoeiros" entre outros traballos. Colabora con editoriais como Ediciones Libertarias, Ediciós do Castro, Ir Indo, Sotelo Blanco, Libros del Innombrable, Auga Editora, Everest Galicia, Edicións Xerais, etc. En 1980 colabora nun monográfico con outros autores de cómic da publicación Coordenadas da Universidade de Santiago de Compostela. En 2004 adapta abanda deseñada a peza teatral Ubu rey`´, de Alfred Jarry, que publica na editorial Edicións de Ponent de Alicante. En 2009 adapta a banda deseñada ``Fragmentos de Apocalipsis´´ de G. Torrente Ballester con guión de César Lombera para a Fundación G. T. Ballester e o Consorcio de Santiago. En 2010 adapta a BD a obra de teatro ``Pic-nic´´ de Fernando Arrabal para a editorial Libros del Innombrable de Zaragoza.